Programa de axudas destinado á creación de novas empresas (menos de 42 meses) mediante un sistema de apoios de ata 400.000€.

Co obxectivo xeral de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, especialmente tras a negativa influencia socioeconómica da crise do coronavirus, cara a fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da creación de empresas por parte de novos emprendedores, o Igape desenvolve este sistema de apoio a proxectos de ata 400.000€ de axuda. Con este programa de axudas preténdese favorecer tamén o reemprendemento e a cooperación interempresarial nas cuestións relacionadas coa xestión, distribución e loxística dos produtos e servizos, tanto na oferta coma na demanda.

Beneficiarios potenciales

  1. Autónomos/as e as pequenas empresas, que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda.
  2. Proxectos ou entidades non constiuídos: No caso de que a entidade que vai desenvolver o proxecto emprendedor non estea aínda constituída, a solicitude de axuda poderá presentarse a nome dunha persoa física.
  3. Sucesión de empresas, según o recollido nas bases da convocatoria.

Os interesados poderán presentar máis de unha solicitude de axuda sempre que sexa para proxectos diferentes. Non obstante, no caso de que todas elas foran concedidas, o importe total de axuda para cada interesado non poderá superar o máximo de axuda de 400.000 euros.

Sectores incentivables

Entre os sectores incenticables destacan moitos ligados ao sector das ciencias da vida:

  • Sector químico.
  • Biotecnoloxía, biomecánica, novos materiais, ecoindustria.
  • Fabricación de equipamentos ambientais.
  • Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.
  • Industria da saúde. Unicamente: fabricantes de produtos focalizados na nutrición, de
    equipamentos e instrumental médicos, de produtos farmacéuticos, prestadores de servizos
    sociosanitarios e prestadores de servizos especializados.

A subvención a fondo perdido será do 80 % dos custos subvencionables, ata un máximo de 400.000 €.

Maís información