A Axencia Galega de Innovación organiza o próximo 29 de xullo unha xornada sobre o novo marco de instrumentos de apoio ás empresas. Dita xornada será inaugurada polo Conselleiro de Economía e Industria e nela explicaranse as novas convocatorias de axudas da Axencia para este ano 2013. Ademais, as empresas interesadas poderán concertar reunións bilaterais con técnicos de CDTI.
Lugar: Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, Ronda da Muralla, 70 – 27003 Lugo
Data: 29 de xullo ás 12:00 horas
A xornada terá un carácter eminentemente práctico, no cal se presentarán as características das novas convocatorias da Axencia GAIN de apoio ás empresas a través de exemplos e se dará resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes.
En tal senso, ofrécese a posibilidade de realizar entrevistas bilaterais con técnicos de GAIN para revisar ideas ou propostas de proxectos.
É precisa a INSCRICIÓN A TRAVÉS DESTE FORMULARIO ONLINE no que poderá indicar se está interesado en manter unha reunión bilateral cos técnicos de GAIN. Neste caso, deberá remitir cumprimentada a Ficha de Información da Idea de Proxecto antes do día 24 de xullo ó mencionado correo (difusion.gain@xunta.es).
En caso de calquera dúbida, pode contactar a través do correo difusion.gain@xunta.es
[button text=’Programa’ url=’http://fundacioncalidade.org/InstrumentosApoioEmpresas-Lugo/imaxes/Programa_evento.pdf’ target=’_blank’]
No Comments - be the first.