A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), organiza unha xornada de presentación do Programa Innterconecta 2015 , a convocatoria de CDTI destinada a financiar proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas de rexións destinatarias de fondos FEDER.
O evento celebrarase o vindeiro 20 de maio pola mañá na sede da Axencia Galega de Innovación, na Rúa Airas Nunes, s/n no barrio compostelán de Conxo. Nel participarán representantes de CDTI e de GAIN, que informarán das principais novidades no financiamento público á I D i e, máis detalladatamente, sobre a convocatoria 2015 do programa FEDER-INNTERCONECTA. A xornada terá un carácter eminentemente práctico.
Esta convocatoria, que ten actualmente aberto o prazo de solicitude até o 30 de xuño, constitúe unha oportunidade de financiamento interesante para as entidades galegas, xa que conta cunha dotación orzamentaria total de 110 millóns de euros en formato de subvención.
O programa detallado da xornada enviarase por correo electrónico nos próximos días, non obstante, se desexas inscribirte xa, podes facelo a través do seguinte formulario.
No Comments - be the first.