GAIN e CDTI organizan a xornada “I+D+i para un envellecemento activo e saudable” que se celebrará o xoves, día 13 de novembro, no Centro de Supercomputación de Galicia, de 09.30 a 13.00 horas.
Os obxectivos da xornada son, por un lado, explicar as oportunidades de financiamento que ofrece Horizonte 2020 e as principais claves para ter éxito, e, por outra banda, describir as axudas e servizos de apoio que GAIN pon a disposición dos axentes galegos de innovación para a elaboración de propostas. Contará coa posibilidade de manter reunións bilaterais con técnicos de CDTI e GAIN para o cal terá que enviar a ficha de proxecto ao correo informa.gain@xunta.es.
Pode consultar o programa, cubrir o formulario de inscrición e descargar a ficha de proxecto na seguinte ligazón.
Tamén está previsto retransmitilas por videoconferencia dende A Coruña, Ourense e Vigo.
No Comments - be the first.