Zona Franca de Vigo, a Cámara de Comercio e a Fundación Incyde firmaron hoxe un convenio polo que Vigo recibirá 1,2 millóns de euros destinados a poñer en marcha e crear viveiros de empresas, así tamén para a formación e asesoramento de emprendedores e pemes en crise.
A delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa, destacou esta medida como un impulso para a innovación na cidade e recordou que a medida servirá para crear un viveiro no polígono de Porto do Molle, en Nigrán.
Alí ofrecerase espazo para oficinas aos emprendedores, ademais de dar formación en innovación e internacionalización.
A inversión ven de parte dos fondos Feder. Ademais, o Consorcio fará tamén a súa aportación e engadirase unha parte a través da sociedade de capital de risco Vigo Activo.
O proxecto deberá iniciarse antes do terceiro trimestre de 2013 e estar acabado a comezos do 2015. A previsión é que o comité executivo aprobe a licitación e as obras de acondicionamento para as oficinas xa mañá e a finais de mes se deseñen as accións formativas. As instalacións para emprendedores estarán situadas no novo edificio de centro de negocios e usarán un espazo de 818 metros cadrados con 34 módulos de oficina. Cada unha terá unha superficie media de uns 21 metros cadrados. Por outra parte, cando se desenvolva o protocolo para formación e asesoramento, asignarase parte da outra metade dos fondos para axudar a consolidar e manter a pemes que están atravesando un momento de crise.
Os programas de formación serán coordinados polo Consorcio da Zona Franca, a Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio de Vigo. García Costas resaltou a necesidade desta medida recordando que o viveiro da rúa República Arxentina está o 100% de ocupación e as firmas teñen moito éxito.
[button text=’Ler noticia orixinal’ url=’http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/04/12/vigo-recibira-12-millones-ue-crear-vivero-empresas/00031365780079608466844.htm’]
No Comments - be the first.