A Xornada está dirixida a investigadores, profesionais, alumnado universitario e público en xeral.
A asistencia á Xornada é libre ata completar aforo. Non obstante, terán preferencia aquelas persoas que se teñan inscrito previamente na Secretaría da Xornada. A inscrición previa na Secretaria da Xornada é ademais imprescindible para poder recibir un certificado de asistencia á mesma.
A inscrición realizarase por vía electrónica, comunicando nome, apelidos, DNI e sector ao que se pertence (profesional/investigador/alumnado/outros) a algunha das seguintes direccións de enderezo electrónico:
miriam.martinez@usc.es ou manuel.rey@rai.usc.es
A inscrición será confirmada mediante correo electrónico enviado dende a Secretaría da Xornada. O prazo para realizar a inscrición cérrase o 28 de outubro de 2013 ás 24 horas.
No Comments - be the first.