Un total de 14 candidaturas de empresas biotecnolóxicas galegas e ideas empresariais participarán nos II Premios Bioga, convocados polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia para incentivar o impulso de iniciativas vinculadas a este sector.
A sede de Lonza Biologics Porriño, unha das firmas punteiras no sector biotecnolóxico en España e socia de Bioga, acollerá o próximo venres 12 de decembro, a entrega de Premios, que patrocina a Axencia Galega de Innovación (Gain).
Segundo informa a organización, os II Premios Bioga contan con 2 modalidades: Premio á empresa biotech máis competitiva e Premio á Mellor Idea Empresarial Biotech.
A primeira está destinada a firmas con traxectoria empresarial á que optan cinco compañías galegas, AMSlab, Cifga, Circe Crysta, Galician Marine Aquaculture (GMA) e Hifas da Terra.
Na modalidade de Mellor Idea Empresarial Biotech compiten 9 proxectos: Anélida Biotecnoloxía, Bioactividade do Omega 3, Celtalga Extact, Grupo Reinventa, Ibérica de Esponjas Vegetales, i-Grape, Nasasbiotech, QualDIMUS e QubioTech.
“Queremos recoñecer a labor das empresas pioneiras no sector bio en Galicia e promover o talento entre os emprendedores”, asegura a presidenta de Bioga, Carme Pampín, quen alude “ao intenso esforzo e traballo que durante os últimos anos desenvolven as empresas vinculadas ao sector bio para situar a Galicia na vangarda do sector”.
No Comments - be the first.