” Estamos a medio camino” conta o equipo de investigadores do profesor Jesús Camiña, que lograron sentar as bases para un tratamento de rexeneración muscular.
Das horas de traballo no laboratorio durante 7 anos do equipo de Endocrinoloxía Celular do profesor Jesús Pérez Camiña surxiu a base dun futuro fármaco para rexeneración muscular. Pretende ser o primeiro medicamento xestado en hospitais galegos e o descubremento conseguiu empuxe inversor por parte do Sergas. O grupo de científicos patentou que a obestatina pode curar músculos atrofiados. Ata agora utilízase o soro rico en plaquetas.
Tamén é a primeira vez que o Sergas, inicia o proceso para lanzar ao mercado un medicamento ideado durante anos nos laboratorios de hospitais galegos. Nunha iniciativa pioneira o Sergas apoiara, con fondos europeos, o proceso para lograr o medicamento final, que podería ser un composto inxectable, e lanzalo ao mercado como novidade terapéutica. A Administración galega da o paso para aaxudar na parte máis difícil dende un punto vista técnico, de negociación e económico, imposible de abordar para un grupo de investigación.
No marco do programa Innova Saúde e Hospital 2050, con 99 millóns de fondos europeos ata 2015 para investigación na área da saúde, Sanidade aposta por aproveitar os traballos científicos realizados en Galicia e conseguir un resultado final, “buscando a súa rentabilidade”.
No Comments - be the first.