VENDER…SEN VENDER
” O mundo cambiou, as relacións cambiaron e as persoas cambiaron. Queiras ou non as vendas tamén cambiaron”.
Esta é unha das afirmacións que Felipe García (linkedin), experto en vendras con intelixencia emocional e coach de equipos comerciais, comparte en calquera conversación que verse sobre o mundo das vendas.
Despois de ter pasado por entidades nacionais e internacionais como Vobis Microcomputer, Amena ou ONO este apaixonado do mundo comercial estará en Tecnópole o próximo 9 de maio para compartir a súa visión e experiencia sobre o novo modelo de vendas.
PROGRAMA:
Qué e vender ? quizás teñamos que repasar o que entendemos por vender antes de poñernos a iso.
Que vende hoxe? porque o que lograba vendas hai 10 ou 15 anos, hoxe por hoxe, non só funciona senón que pode chegar a restar credibilidade ante o noso cliente.
Cales son os piares da venda? axiomas sobre os que se basean o novo modelo de vendas.
Como inflúe a intelixencia emocional nas vendas? non nos esquezamos que tratamos con persoas polo que algo tan imporante como mellorar o modo de empatizar e relacionarnos é vital para conseguir clientes rendibles e satisfeitos.
Como actualizar o teu modelo de venda? pasos a seguir para adaptar o noso modelo de venda ao novo modelo.
Tras a súa exposición abrirase unha quenda de preguntas de cara a que as persoas asistentes poidan expoñer as súas preguntas e contar coa valoración do experto.
9 de maio de 2014
11:30h a 13:30h
Edificio CEI
No Comments - be the first.