A Axencia Galega de Innovación organiza un taller práctico sobre o programa FEDER-INNTERCONECTA no Parque Tecnolóxico de Galicia, hoxe 13 de marzo ás 11 horas. A xornada centrarase nas características da convocatoria aberta á presentación de proxectos, co obxectivo de axudar ás empresas a resolver as dúbidas que poidan ter na preparación das súas solicitudes. Neste senso, o longo da xornada, ofrecese a posibilidade de realizar entrevistas bilaterais con técnicos do Centro de Desarrollo Tecnolóxico Industrial (CDTI) para revisar ideas ou propostas de proxectos.
A convocatoria do programa FEDER- INNTERCONECTA 2 permanecerá aberta ata o 4 de abril. En total, contempla unha inversión de 75 millóns de euros procedentes de fondos públicos (60 millóns do Fondo Tecnolóxico Europeo máis 15 aportados pola Xunta de Galicia en concepto de cofinanciación), que en total supoñerán a movilización de 150 millóns de euros sumando a aportación das empresas.
Os proxectos presentados teñen que ter unha duración de 3 anos e ser executados por consorcios formados por ente 3 e 10 empresas, con un mínimo do 15% do presuposto reservado para a subcontratación de centros tecnolóxicos e de investigación. As innovacións propostas deben ser de alto impacto e ter como obxectivo a creación ou mellora de produtos, procesos e servizos e presentar unha clara orientación ao mercado.
Este programa é a continuación do iniciado en 2012, que se reflexou en 26 proxectos nas áreas de actividade estratéxicas para Galicia e cun gran potencial comercial e de creación de emprego. Estes implican un total de 106 empresas galegas e supoñen unha inversión inducida en centros tecnolóxicos e universidades de máis de 13 millóns de euros para sufragar a súa colaboración nos proxectos.
[button text=’Ler noticia orixinal’ url=’http://www.tecnopole.es/?q=es/node/2995′ target=’_blank’]
No Comments - be the first.