
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) acollerá o Obradoiro de revisión de propostas ao programa FEDER- Innterconecta 2015, a convocatoria de CDTI destinada a fomentar a cooperación interrexional en investigación e desenvolvemento.
O evento, organizado por GAIN, CDTI, ANFACO- CECOPESCA e o Clúster da Saúde, estará centrado nos sectores da alimentación, a biotecnoloxía e as tecnoloxías da saúde.
O groso do programa terá un carácter práctico e estará centrado na revisión de propostas de proxectos a través de reunións bilaterais con persoal de CDTI. Aquelas empresas que teñan un proxecto avanzado, centrado nalgún destes sectores, poden solicitar unha reunión bilateral para recibir orientación e asesoramento sobre as súas propostas. Para elo, deberán enviar ate o día 11 de xuño unha ficha do proxecto, dispoñible no formulario de inscrición.
As reunións bilaterais comezarán ás 10.15 horas, paralelamente ao desenvolvemento da xornada.
As reunións manteranse con Nabil Khayyat, Xefe da División de Promoción e Coordinación de CDTI e conEduardo Cotillas, do Departamento de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais.
Para asistir á xornada, precísase inscrición a través do seguinte formulario . Se quere consultar o programa, pinche na seguinte ligazón .
No Comments - be the first.