
O pasado Luns, 7 de xaneiro, publicáronse as convocatorias dos programas de internacionalización do Igape, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios para facilitar a internacionalización das empresas galegas.
A internacionalización do tecido empresarial galego foi e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico xa que proporciona ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva.
O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.
A continuación, podedes consultar un pequeno resumen destas axudas:
- Accións de Promoción Exterior das Empresas Galegas (Galicia Exporta Empresas)
Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:
a) Actuacións de difusión.
b) Actuacións de promoción.
c) Accións de prospección en mercados internacionais.
- Accións de Promoción Exterior Conxunta (Galicia Exporta Organismos Intermedios)
O obxectivo de incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións que beneficien a un sector empresarial galego ou a máis dunha empresa galega dun mesmo sector ou sectores complementarios, promovidas e desenvolvidas por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás que representan.
O plazo de presentación finaliza o 7/03/2018