Neste Bioalmorzo con AINIA do pasado 24 de Marzo de 2021 organizado por Bioga e pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), analizouse en qué consisten os novos desenvolvementos para a obtención de moléculas proteicas.
Neste Bioalmorzo con AINIA do pasado 24 de Marzo de 2021 organizado por Bioga e pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), analizouse en qué consisten os novos desenvolvementos para a obtención de moléculas proteicas.
O pasado 3 de Marzo de 2021 tivemos un Bioalmorzo, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), de maneira online, cos alumnos da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, neste Bioalmorzo acercamos as oportunidades profesionais do sector biotech aos estudantes de Bioloxía.
O pasado 2 de Xaneiro de 2020, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela celebrouse o Foro Next Generation, onde o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apostou por seguir impulsando a industria biotecnolóxica galega coa selección de tres iniciativas estratéxicas por un importe de 445 M€ para optar aos fondos europeos Next Generation.
Máis información sobre o Foro Next Generation
O 14 de Decembro de 2020 tivo lugar, de maneira online, a 21ª Reunión de socios do Proxecto CT-Bio.
O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), entregou o pasado 11 de Decembro de 2020 en Santiago de Compostela con limitación de aforo a causa das medidas sanitarias aconselladas para frear a Covid19, tivo lugar na sede de GAIN, en Santiago de Compostela, os VIII Premios Bioga a Galacteum , con sede en Melide, como Empresa Biotech máis Competitiva 2020, a BETA Implants, de Salvaterra do Miño (Pontevedra), como Empresa Biotech máis Innovadora 2020 e a Libera Bio, ubicada en Santiago de Compostela, como Mellor Idea Empresarial Biotech 2020.
Estos premios do sector bio pretenden incentivar o talento en Galicia e investigadores galegos, impulsar o desenvolvemento das iniciativas empresariais e recoñecer o traballo das empresas galegas máis competitivas e innovadoras.
O 26 de Novembro de 2020, estivemos presentes na última webinar da Área de Emprego e Emprendemento da UVigo, “Xoves Empregables”, unha cita semanal para lanzar a carreira profesional de estudantes e de persoas recentemente tituladas.
Posted by BIOGA in
O 12 de Novembro do 2020 tivo lugar o Biotaller Ventas e Empresa de maneira online.
Neste Biotaller propuxéronse metodoloxías, ferramentas e procesos de rápida e fácil aplicación que permitirán ao teu equipo comercial unha xestión de vendas optimizada. Sales Up orixinou cambios de conduta profesional cara a parámetros de excelencia comercial e un impacto medible nos resultados comerciais.
O 11 de Novembro de 2020, tivo lugar, de maneira online, o peche do proxecto CT-Bio.
Nesta xornada fíxose un repaso dos principais obxcetivos e actuacións desenvolvidas no marco do proxecto resaltando a necesidade e o compromiso de asegurar a sostenibilidade do clúster no futuro.
Posteriormente os representantes dos socios do proxecto e diversos expertos no ámbito académico e empresarial, debatiron sobre a importancia do sector biotech na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O 20 de Outubro de 2020 tivo lugar, de maneira online, a 20ª Reunión de socios do Proxecto CT-Bio.
Posted by BIOGA in
O pasado 3 de Marzo do 2020, no edificio Emprendia da Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar a xornada de financiación do Proxecto CT-Bio.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade completa pulsando aquí.
As cookies estritamente necesarias deben estar activadas todo o tempo para que poidamos gardar as túas preferencias para a configuración de cookies.
Se desactivas esta cookie, non poderemos gardar as túas preferencias. Isto é que cada vez que visites a nosa web, terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Esta web emprega Google Analytics para recoller información de maneira anónima, coma por exemplo o número de visitantes que recibe e as páxinas máis populares. Manter esta cookie activada é de gran axuda para poder mellorar a nosa web.
Activa as cookies estritamente necesarias primeiro!