Xornada de Peche Proxecto CT-Bio

  • Name Xornada de Peche Proxecto CT-Bio
  • Categoría Fotos Bioga

O 11 de Novembro de 2020, tivo lugar, de maneira online, o peche do proxecto CT-Bio.

Nesta xornada fíxose un repaso dos principais obxcetivos e actuacións desenvolvidas no marco do proxecto resaltando a necesidade e o compromiso de asegurar a sostenibilidade do clúster no futuro.

Posteriormente os representantes dos socios do proxecto e diversos expertos no ámbito académico e empresarial, debatiron sobre a importancia do sector biotech na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.