Origo Biopharma

  • Name Origo Biopharma
  • Categoría FarmacéuticoInvestigación

Origo Biopharma é unha empresa farmacéutica galega centrada na investigación e no desenvolvemento de produtos terapéuticos que modulan o sistema inmunitario, co obxectivo de obter novos tratamentos contra enfermidades cun importante compoñente immuno-inflamatorio coma o cancro colorrectal e a enfermidade de Crohn.

A nosa actividade céntrase no descubrimento de novos fármacos que cubran as necesidades de tratamentos máis efectivos para estas enfermidades. A nosa misión é descubrir e desenvolver produtos terapéuticos de próxima xeración para o tratamento do cancro colorrectal e da enfermidade de Crohn.

A nosa visión é mellorar a calidade de vida e, en última instancia, contribuir á curación das persoas que sofren estas devastadoras enfermidades.

www.origobiopharma.com