iBoneLab

  • Name iBoneLab
  • Categoría BiosanitarioInvestigación
Improving bone knowledge

iBoneLab é un laboratorio experto na evaliación da integración de biomateriais e dispositivos médicos sobre os tecidos vivos. En iBoneLab nos especializamos no procesado histolóxico mediante a técnica de lámina delgada, que permite a visualización microscópica dos tecidos e materiais independentemente da súa dureza. Esta técnica, xunto á implementación de diversos métodos de análise, permítenos aportar información fiable do comportamento dos tecidos en resposta aos materiais implantados. Así mesmo, podemos elaborar informes seguindo a norma ISO 10993, co obxectivo de obter para os produtos evaliados a marcaxe CE ou a aprobación da FDA.

En iBoneLab temos ademáis ampla experiencia na realización e evaliación de estudos de microtomografía computerizada, así como no campo da histoloxía convencional ou técnicas como a inmunohistoquímica, microscopía de luz polarizada e fluorescencia. iBoneLab actúa como unha organización de investigación por contrato (CRO) para a realización de estudos preclínicos. O noso equipo está formado por veterinarios altamente cualificados e con gran experiencia nun amplo espectro de modelos quirúrxicos, así como en anestesia en todas as especies.

www.ibonelab.com