I-Grape

  • Name I-Grape
  • Categoría InvestigaciónSaúde

I-Grape é unha spin-off derivada da USC que conta cun proceso patentado de produción de extractos polifenólicos a partir de uva branca. I-Grape elabora extractos líquidos patentados obtidos a partir do subproduto da vinificación da uva branca (Vitis vinifera) os cales posúen calidades antioxidantesantibacterianas,  de interese para a industria farmacéutica, veterinaria, dermocosmética, nutracéutica e alimentaria.

O noso obxectivo é a innovación na produción de extractos naturais e ecolóxicos, utilizando técnicas medioambientalmente sostibles.

Todos os produtos están fabricados baixo os máis altos estándares de calidade, realizando controis rutinarios sobre as materias primas, os produtos intermedios, o produto final e os procesos produtivos.

http://i-grape.es/