Geneaqua

  • Name Geneaqua
  • Categoría Investigación

Geneaqua centra a súa actividade en prover servizos de mellora xenética ás empresas acuícolas, que facilitan un aumento da súa produción de maneira rentable e sostible, baseándose na aplicación de técnicas de bioloxía molecular. Geneaqua dispón da metodoloxía que permite a selección mediante marcadores moleculares dos mellores reproductores para a industria, segundo a súa tasa de crecemento, conversión do alimento ou resistencia a enfermidades, entre outras características.

Seleccionando os mellores individuos e analizando as relacións de parentesco entre os reprodutores pódese conseguir aumentar o crecemento dos individuos entre un 10-20% por xeración; mantendo a diversidade xenética para o futuro. A tecnoloxía xenética e xenómica da que dispón Geneaqua é de carácter transversal, poidendo aplicarse a calqueira especie de interés produtivo ou con fins de conservación.

www.geneaqua.com