CETIM

  • Name CETIM
  • Categoría Investigación

CETIM é un centro privado de I+D+i, sen ánimo de lucro, recoñecido como Centro Tecnolóxico polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades con Nº de Rexistro 129. A súa misión é desenvolver investigación, tecnoloxía e innovación desde as súas tres Áreas de Coñecemento: Materiais Avanzados, ECO BIO Tecnoloxías e Industria Dixital. Centrándose en tecnoloxías, aplica o seu know-how expertise a diferentes sectores industriais e económicos: CETIM é un Centro Tecnolóxico Multisectorial.

Ubicado en Culleredo (A Coruña), dispón de 7 laboratorios totalmente equipados (Química, Microbioloxía, Enxeñaría e Mecatrónica, Construción, Auxiliar, Cámaras Climáticas e Plantas Piloto), desde onde se realiza a investigación e os servizos ofrecidos aos seus clientes.

CETIM ten 3 áreas de coñecemento:

MATERIAIS AVANZADOS. Investigación en novos materiais lignocelulósicos, novos materiais poliméricos e revestimentos, novos materiais de construción sostible

ECO BIO TECNOLOXÍAS. Investigación en economía circular e biorefinería e no tratamento de auga e aire

INDUSTRIA DIXITAL. Investigación en Entornos Virtuais e Internet of Things

A maiores, o Centro conta con Servizos Tecnolóxicos: análises físico-químicos e microbiolóxicos; contaminantes emerxentes; análise do solo; análise do ciclo de vida dos procesos e produtos; novos aditivos e materiais de construción; escalado de plantas piloto; deseño e desenvolvemento de bancos de proba; deseño e desenvolvemento de sistemas de automatización; Probas de envellecemento e corrosión aceleradas, e ofrece servizos personalizados, a petición dos seus clientes, nas tecnoloxías nas que o Centro é experto.

www.cetim.es