Celtarys Research

  • Name Celtarys Research
  • Categoría FarmacéuticoInvestigaciónQuímicoSaúde

Innovative Chemistry to Illuminate Biology

Celtarys Research é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela especializada no deseño e síntese de sondas fluorescentes para o seu uso no proceso de descubrimento de fármacos. Somos expertos en Química Biolóxica e Química Médica, con máis de 20 anos de experiencia en investigación. Contamos con tecnoloxía propia para desenvolver ligandos fluorescentes con óptimas propiedades farmacolóxicas e fotofísicas.

 

Temos unha carteira validada de ligandos fluorescentes fronte a GPCRs, unha gran familia de receptores amplamente usados como dianas terapéuticas pola súa implicación en númerosos procesos fisiolóxicos e patolóxicos. Ademáis, a nosa tecnoloxía permítenos desenvolver de modo altamente eficiente ligandos fluorescentes personalizados para calquera diana con interés terapéutico.