BIOREPOS

  • Name BIOREPOS
  • Categoría FarmacéuticoSaúde

BIOREPOS introduce no mercado unha oferta integral de servizos especializados en áreas relacionadas coa custodia e xestión de mostras biolóxicas a baixa temperatura, que inclúen dende un diagnóstico de situación nas instalacións do cliente, ata a completa externalización do seu proceso de conservación de bio-especímenes. Para isto, BIOREPOS conta cunha rede estratéxica de bio-repositorios deseñados para a óptima conservación e custodia de coleccións biolóxicas en base aos máis altos estándares de seguridade, trazabilidade e calidade aplicables. O lanzamento da rede peninsular comezou coa creación das dúas primeiras instalacións en dúas ubicacións estratéxicas: o bio-repositorio de Santiago de Compostela (Galicia) para cubrir toda a zona noroeste, e o de Rivas-Vaciamadrid (Comunidad de Madrid) para cubrir toda a zona interior. Estas instalacións súmanse ao bio-repositorio xa existente en Hernani (Guipúzcoa), que cubre a zona norte-centro da península. As instalacións contan coa capacidade de albergar máis de 13.5 millóns de mostras biolóxicas, tanto de orixe humana como vexetal ou animal, a temperaturas de refrixeración, conxelación, ultra-conxelación y crioxenia.

www.biorepositorio.com