kjhjljfkfg
  • Name Bioalmorzo: Oportunidades de negocio en UK para empresas biotech

Print

Oportunidades de negocio en UK para empresas biotech

Xoves, 30 de abril de 2015 (10:00 – 12:00h)

Santiago de Compostela. Edificio Emprendia

O próximo 30 de abril, en horario de 10:00 a 12:00h, Bioga organiza no Edificio Emprendia (Santiago de Compostela) un Bioalmorzo con Shona Brown, do Departamento de Comercio e Inversións na Embaixada Británica en Madrid, para falar sobre futuras participacións e oportunidades de negocio no sector biotecnolóxico en Reino Unido. Tamén estará presente Cristina Monteiro do equipo de Inversións.

O obxectivo da charla é amosar ás empresas biotech galegas claves para expandir os seus negocios en Reino Unido, considerar a creación de unha oficina no país ou participar nunha misión comercial ao país nos próximos meses.

foto shona

PROGRAMA

  • Clima empresarial actual en UK
  • Clusters e empresas biotech de interese en Londres e Cambridge
  • Acceso ao mercado inglés:
    • Vías de financiación
    • Apoio á internacionalización
    • Casos de éxito
  • Servizos dispoñibles na Oficina da Embaixada Británica
  • Discusión

A Embaixada Británica en Madrid é responsable de desenvolver e de mantener relacións entre Reino Unido e España en temas de economía e regulación comercial no mercado único. Máis información dispoñible na súa páxina web:

https://www.gov.uk/government/organisations/uk-trade-investment

Ven bioalmorzar con nós enviando un email a info@bioga.org ou chamando ao 881 120 459, esperámoste!