A biotecnoloxía, un sector de futuro en Galicia

  • Name A biotecnoloxía, un sector de futuro en Galicia
  • Categoría Medios comunicación

A televisión de Galicia faise eco dos bos resultados acadados polo sector biotecnolóxico galego.

Bios, vida, techné, destreza e logos, estudo. Tres palabras gregas que conforman biotecnoloxía. Garden o nome porque xa é unha industria punteira dentro da ciencia no país e no mundo: o emprego de organismos e sistemas biolóxicos para a modificación de produtos de uso cotián.

INIBIC forma parte dun clúster galego de ata 67 empresas públicas e privadas moi variadas, o BIOGA. Un 60% do emprego que xera é moi especializado, centrado na investigación e no desenvolvemento.

Iniciativas moitas veces xurdidas ao amparo das universidades, aos centros de Coruña e o de Compostela, como o INIBIC e o IDIS, agárdaselles sumar no futuro un máis en Vigo. Ciencia para cambiar a nosa vida a través da vida.

Ver video