Workshop proxecto Tittan Saxonia (Alemania)

  • Name Workshop proxecto Tittan Saxonia (Alemania)
  • Categoría Fotos Bioga

O estado alemán de Saxonia acolleu do 5 ao 7 de febreiro, o quinto workshop interrexional de proxecto TITTAN, coa participación de representantes de alto nivel das rexións socias europeas e expertos do sector saúde. O workshop tivo lugar nas cidades alemás de Dresden e Leipzig e foi organizado polos socios de Healthy Saxony. O intercambio de boas prácticas no campo da saúde así como a súa implementación, son os principais obxectivos do proxecto.

Bioga participa neste proyecto como stakeholder da man de ACIS-Axencia Coñecemento en Saúde, acudindo a este evento para coñecer de primera man as boas prácticas desenvolvidas polas rexións membros do mesmo.