A xornada centrouse no coñecemento de cada empresa e na análise de futuros proxectos// As empresas socias de Bioga dan emrpego a máis de 500 persoas
Directivos e socios de Bioga, Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia, mantiveron un encontro na sede de Lonza Biologics Porriño para coñecer os proxectos empresariais e a búsqueda de posibles colaboracións co obxectivo de reforzar o sector en Galicia. No transcurso do encontro analizouse a oportunidade que presenta a celebración do congreso Biospain que reunirá en Santiago de Compostela ás principais empresas do sector no mes de setembro.
A delegación de Bioga estivo encabezada pola súa presidenta, Carme Pampín, mentres que en representación de Lonza Biologics Porriño acudiu o director xeral, Luis Sánchez Ureña. Ademáis do encontro entre empresas, a xornada serviu para a presentación da planta de Porriño, así como do propio Grupo Lonza aos socios de Bioga.
O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia, medrou no último ano un 40% no que se refiere a número de socios. Durante o exercicio de 2013 incorporaronse 10 novos membros e a día de hoxe integran Bioga un total de 42 socios, os cales facturaron conxuntamente en 2013 máis de 56 millóns de euros e dan emprego a máis de 500 traballadores. O 60% do emprego xerado está cuberto por titulados universitarios e doutores. Os socios con maior número de traballadores son Lonza Biologics Porriño, AMSlab e Galchimia.
A xornada de traballo finalizou cun recorrido polas instalacións da planta porriñesa.
No Comments - be the first.