Santiago, martes 21 de maio de 2013.
O Reitor Juan Casares visitou este martes 21 as instalacións de GalChimia S.A., compañía especializada en I+D no ámbito químico emprazada na localidade de O Pino que naceu como unha spin-off da USC, froito do traballo levado a cabo por investigadores do Departamento de Química Orgánica da Universidade Compostelá. O Reitor estivo acompañado da Directora Xeral da empresa, Carme Pampín, e do Director Científico e co-fundador, Jacobo Cruces.
Nesta visita, na que tamén se tratará a renovación do convenio que vincula á empresa e á USC, o Reitor puido comprobar as particularidades dos procesos desenvolvidos por GalChimia e os laboratorios e instalacións cos que conta. Esta compañía mantén colaboracións con grupos da USC de diversos ámbitos, para o desenvolvemento de proxectos de I+D así como servizos xerais de apoio no eido da análise científica.
Os principais servizos que ofrece a empresa, están relacionados coa síntese a medida, a investigación baixo contrato, o desenvolvemento de procesos, a optimización de reaccións ou os servizos analíticos.
No Comments - be the first.