O International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Braga convoca 16 prazas de investigadores, coas que se ofrece contratos de 2 anos e o finalizar ese período valorarase a súa posible continuidade. José Rivas, catedrático de Electromagnetismo da Facultade de Física da USC e director xeral da institución portuguesa, considera que son postos aptos para titulados galegos, que poden aspirar a elas, aínda que terán que competir con outros que se presenten do resto de Europa, pois a convocatoria é internacional.
As prazas son para asuntos moi diversos, relacionados coas liñas centrais de traballo da institución, que son nanomedicina, alimentación, medio ambiente, electrónica e manipulación molecular. Así, a dedicación será para estudos de seguridade alimentar, cancro, cardioloxía, resonancia magnética nuclear, síntese de nanopartículas, aplicacións biomédicas, microscopía electrónica, óptica, bioloxía e bioquímica. Quenes estean interesados poden presentar os seus currículums ata o 8 de maio. Na web da entidade bracarense (www.inl.int) informan dos requisitos e esixencias.
[button text=’Ler noticia completa’ url=’http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/04/27/laboratorio-iberico-nanotecnologia-convoca-16-plazas-investigadores/0003_201304S27C6993.htm’ target=’_blank’]
No Comments - be the first.