Os grupos de investigación estarán acompañados en todas as fases para ver cales son as súas necesidades e garantir resultados.
Apoiar aos investigadores para que sexan capaces de poñer un pouco máis cerca do enfermo o que se descubre no laboratorio é o obxectivo dun novidoso programa impulsado pola Consellería de Sanidade, tal e como explicou onte no hospital Clínico a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Sonia Martínez Arca. O que se pretende é acompañar aos grupos de estudo en todas as fases para ver cales son as súas necesidades, xa que en solitario o arranque resulta moito máis complexo.
No Comments - be the first.