O capital humano da compañía lucense é o que transoformou en innovadora e competitiva. Fai sete anos que iniciou a súa actividade e dende entón non parou o seu recoñecido traballo en biotecnoloxía.
AMSlab é un laboratorio especializado na realización de ensaios químicos e físicos, unha empresa referente en Galicia, que se centrou no desenvolvemento de numerosas liñas de investigación innovadoras dende a perspectiva da empresa privada. A outros recoñecemento previos, a firma lucense acaba de incorporar o Premio Peme Novo Galicia que outorga o Banco Pastor (entidade integrada no Banco Popular) e La Voz de Galicia, galardón referente que recoñece a traxectoria do tecido empresarial da comunidade.