Creada en 2006 como «spin off» da Universidade, ten xa clientes en Estados Unidos, Europa e Xapón.
Nanogap, unha empresa nacida en 2006 como spin off no seo da Universidade de Santiago, acabo de abrir o seu primeiro centro de produción internacional na cidade de Richmond (California) coa posta en marcha do seu primeiro laboratorio. Ubicada agora no polígono de Novo Milladoiro (Ames), a compañía está integrada por un equipo de 30 profesionais, entre físicos, químicos e enxeñeiros químicos, e xa logrou gañar clientes en Xapón, Estados Unidos e Europa. Ao longo dos últimos anos, a empresa estivo respaldada por Unirisco, a sociedade de capital risco das 3 universidades galegas. Recentemente, conseguiu unha entrada de 2,2 millóns nunha ronda de financiación, á que tamén se sumou a xestora de capital risco de La Caixa. Nanogap é un referente no deseño de nanofibras de plata para o seu uso en pantallas táctiles de teléfonos intelixentes e de tabletas.
Máis noticias relacionadas:
Una empresa gallega de sub-nanométrica comienza su expansión mundial
No Comments - be the first.