María José Alonso, investigadora principal do CIMUS e Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC, ingresará como nova Académica Numeraria na Real Academia Galega das Ciencias hoxe, 12 de novembro. O acto terá lugar ás 19:00h no Salón de Actos do Pazo de San Roque e constitúe un recoñecemento á súa extensa labor no ámbito da investigación farmacéutica e ao seu compromiso coa Ciencia en beneficio da Comunidade.
Formada na USC, a Universidade París Sur (1987), a Universidade de Angers (1989) e o Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) (1991-92), lidera dende 1992 un laboratorio de investigación pioneiro en España no ámbito da nanomedicina.
Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación financiados por entidades de relevancia internacional, tales como a OTAN, a OMS, a Comisión Europea e a Fundación «Bill & Melinda Gates». O impacto do seu traballo foi reflexado en publicacións científicas de alto nivel, o que permitiu alcanzar o 9º posto no rankin munidal do Times Higher Education na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía en 2011.
Recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o premio Jaime I de novas tecnoloxías e o Maurice Marie Janot, da Sociedade Internacional de Tecnoloxía Farmacéutica. É académica da Real Academia Nacional de Farmacia e da Academia de Farmacia de Galicia.
No Comments - be the first.