Unha nova ferramenta facilita a vida de quen necesite información. Acaba de lanzala o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI): é unha nova versión do mapa de axudas á I+D+i, un buscador web que integra toda a información das actuacións públicas relacionadas coa financiación da I+D+i.
Hai programas en todos os ámbitos administrativos, dende locais ata europeos, para financiar os diferentes estados da innovación (investigación Básica, desenvolvemento, innovación tecnolóxica….), e dirixidos a diferentes tamaños e tipos de empresa. Tamén distintos tipos de axudas: préstamos, subvencións, becas, bonificacións fiscais….A ferramenta permite filtrar segundo as necesidades particulares de cada compañía. Para utilizala, simplemente hai que rexistrarse no sistema.
Ademáis, o mapa de axudas á I+D+i combinase co servizo de asesoramento personalizado (Rede de Puntos de Informacións sobre Actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación) do CDTI, no que empresas e emprendedores poden solicitar información para os seus proxectos innovadores a través de un formulario online.
[button text=’Ver mapa de axudas’ url=’http://138.4.83.162/mapas/ayudas/inicio.asp’ target=’_blank’]
No Comments - be the first.