
Un grupo de investigadores da Universidade de Santiago está a deseñar unhas lentes de contacto que permitirán loitar dun xeito máis eficaz e doado sobre os efectos da diabetes. O equipo liderado pola doutora Carmen Álvarez acaba de recibir unha das 63 axudas da Fundación BBVA que lles permitirá comezar en setembro a desenvolver os primeiros prototipos.
Inflamacións e erosións na córnea, sequidade no ollo e mesmo cegueira. Estas son algunhas das afeccións oculares que padecen as persoas con diabetes. Ata o de agora a única solución era o control da glicosa e o tratamento con colirios e inxeccións. Un equipo de investigadores da facultade de farmacia de Santiago está a desenvolver as primeiras lentes de contacto terapéuticas.
Co emprego de hidroxeles o fármaco penetra a través da córnea e vaise liberando lentamente no ollo dun xeito máis eficaz.
Ademais de mellorar a eficacia poderían empregarse para previr os efectos da diabetes no ollo. Nun ano agardan ter os primeiros prototipos e comezar os ensaios preclínicos que permitirán despois a súa comercialización.
No Comments - be the first.