A empresa de Tecnópole, Intellectia Bank presentou recentemente, no marco dunha xornada informativa, o seu novo sistema de monitorización continua aplicable a diferentes sectores.
A empresa explicou as prestacións da solución Vigie Energy Audit, desenvolvida para a monitorización continua dos consumos enerxéticos do todo o proceso produtivo que, aplicada á industria, permite efectuar a xestión enerxética, produtiva e económica de todo o parque de máquinas.
Para a industria alimentaria, presentouse o producto Vigie Food Safety, que permite a monitorización de cámaras frigoríficas, almacens refrixerados, áreas de produción, vehículos de transporte, liñas de self-service e cámaras de maduración de froitas, integrando todos os datos nunha aplicación de software.
En terceiro lugar foi presentado Vigie Health Care como primeiro sistema de monitorización continua e online dispoñible en España para o ámbito hospitalario, co cal o usuario pode concentrar todas as necesidades de monitorización nunha sola aplicación de software.
E por último expuxéronse as funcionalidades de Vigie Farma Lab, un sistema de monitorización continua e en tempo real dispoñible en España para o ámbito farma-lab.
[button text=’Ler noticia orixinal’ url=’http://www.tecnopole.es/?q=es/node/2983′ target=’_blank’]
No Comments - be the first.