A compañía galega Intellectia Bank, integrada no Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, BIOGA, puxo en marcha unha nova vía de negocio consistente na comercialización de semente de setas.
O Cluster informou de que só seis empresas en España contan con autorización para poñer este produto no mercado. A empresa con sede en Ourense lanza Miceup, marca que comercializará o micelio en gran que permite “poder cultivar setas durante todo o ano”, sinalou a compañía nun comunicado.
” CAndo no monte non atopemos tan preciado manxar poderemos recurrir ao xardín da nosa casa para producir setas”, e sinala que con un sustrato adecuado poderanse cultivar independentemente da época do ano.
Na primeira fase, a empresa ourensana comercializará sementes de 4 variedades de seta: macrolepiota procera, coprinus comatus, morchella elata e gonoderma lucidum, a través da web da propia compañía especializada en produtos agrícolas Agroterra.
A empresa, ,ubicada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), dedicada a I+D+i no ámbito da enxeñería, TIC e biotecnoloxía, está especializada en monitorización e o seu punto forte é o deseño e desenvolvemento de sensores.
No Comments - be the first.