Desde o 2015 Bioga elabora, de forma anual, o Informe Bio, o primeiro do sector biotecnolóxico en Galicia.
O obxectivo do Informe é analizar os distintos ámbitos que compoñen o ecosistema no que se desenvolve a biotecnoloxía en Galicia, así como coñecer a súa situación actual e tendencias.
Desagregado en seccións que abordan aspectos como os indicadores da actividade, a situación do mercado de Innovación Biotecnolóxica, a internacionalización das empresas, a actividade dinamizadora do sector durante o exercicio anual ou os socios que forman parte do clúster, a través do Informe poderás coñecer os aspectos máis destacados que afectan ao sector da biotecnoloxía en Galicia.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade completa pulsando aquí.