Veinticinco centros y más de 200 empresas colaboran en 54 titulaciones

Veinticinco centros integrados de formación profesional (CIFP) e institutos de enseñanza secundaria (IES), de 13 municipios de la provincia imparten 54 titulaciones de FP dual el próximo curso, en colaboración con más de 200 empresas. En A Coruña son 8 centros y 60 empresas, 5 y 70 en Santiago, 3 y 40 en Ferrol, y en un centro de Arzúa, Cedeira, Cee, Culleredo, Curtis, Ordes, Ponteceso, As Pontes, Ribeira y Zas, con un título (excepto 2 distintos en Ribeira y 4 en Culleredo).

Parte de las titulaciones tienen el alumnado seleccionado y matriculado. Compartirán enseñanzas teóricas y prácticas entre el centro educativo y las empresas, donde les darán de alta en la Seguridad Social y les compensarán, con entre 500 y 600 euros al mes en la mayoría.

O 31 deste mes comeza a etapa da xubilación José Manuel Leis, profesor do CIFP Politécnico de Santiago. Estudou neste centro xa nas antigas instalacións; e na sede do Monte de Conxo foi docente, director desde o 2007 até o pasado 30 de xuño, e os 10 anos anteriores secretario. Como directivo foi pioneiro nas principais innovacións da FP, como a transformación dun antigo instituto en centro especializado de FP, despois centro integrado, e tamén a FP dual, a acreditación de competencias, ou os másteres.

-Como valora a FP dual?

-O noso centro foi o primeiro que a incorporou en Galicia, no ano 2013, e o próximo curso é o que conta con maior oferta. Penso que é un éxito. Hai empresas que promoveron máis dunha promoción, como Finsa, que formou profesionais en Mecatrónica, un ciclo de tres anos, en 2014-2017, 2017-2020, e agora está coa terceira, entre 2020-2023. Esta mesma empresa inicia tamén no noso centro, en setembro, un novo ciclo de dual, o de Procesamento e transformación da madeira, pioneiro en España.

-Sempre se interesan as mesmas empresas?

-Hai empresas que reinciden, o que evidencia que lles interesa a formación dual. E ciclos que regresan con outras perspectivas. Por exemplo, hai uns anos tivemos un de dual de Laboratorio, da familia de Química, cunha empresa do Polígono do Tambre. E o próximo curso, despois de varios anos, temos ese mesmo ciclo de novo en dual, con outras empresas diferentes e máis orientado para o ámbito da biotecnoloxía.

-É fácil conseguir alumnado?

-Depende do ciclo. Por exemplo, temos problemas para un de dual como Deseño e amoblamento, a pesar de ser moi atractivo, ter o apoio dunha empresa importante e pertencer a un sector, o da madeira, con moita demanda de emprego e un gran futuro, onde a industria mesmo está a medrar nesta crise.

-Hai ofertas de emprego para o alumnado que acaba a FP?

-No Politécnico temos unha bolsa de emprego, que favorece o contacto de alumnado que finalizou os ciclos, sobre todo das últimas promocións, coas empresas. E hai profesións para as que non conseguimos persoal cando nos chegan ofertas, é complicado, porque o alumnado preparado ou están traballando ou continuando estudos.

-A que estudos lles ve mellores perspectivas para o emprego?

En Santiago penso que vai medrar moito o sector biotecnolóxico. E en xuño finaliza a primeira promoción de Química e saúde ambiental e, despois das prácticas en centros de traballo, coñeceremos as perspectivas de emprego dese novo título. Hai moito ciclos que están cheos ano tras ano e teñen pouco abandono, porque o ensino resulta atractivo e actualizado para responder ás necesidades das empresas, e hai un profesorado moi implicado.

Noticia Original