
O vindeiro martes 28 de xaneiro a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e EIT Health organizan unha xornada informativa sobre os diferentes instrumentos de financiamento e soporte ao
emprendemento que ten dispoñibles EIT Health en 2020.
Data: Mércores 28.01.2020 (12:00-14:30)
Lugar: Salón de actos da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)
A quen vai dirixida esta xornada?
A emprendedores e startups con solucións para o sector saúde (medtech, biotech, digital
health) que teñan interese en coñecer instrumentos de financiamento e soporte ao
emprendemento.
EIT Health, unha nova comunidade de coñecemento e innovación en saúde
A Unión Europea, a través do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) busca
integrar as tres vertentes do coñecemento en saúde -formación, investigación e innovación-.
A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é socio de EIT Health.
*Posibilidade de entrevistas individualizadas. Necesario mostrar interese a través do formulario de inscripción.