
O Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida BIOGA, convoca os III PREMIOS BIOGA, patrocinados pola Axencia Galega de Innovación, incentivando a posta en marcha de iniciativas empresarias dos mozos/as galegos/as e o recoñecemento de empresas competitivas do tecido empresarial galego no eido biotecnolóxico e das ciencias da vida.
Os premios serán convocados a partir de outubro, na páxina oficial www.bioga.org e redes sociais de Bioga, así como a través de email cos contactos da base de datos do Cluster, onde se detallaran os requisitos para optar a dita candidatura.
Obxectivos
Os obxectivos destes premios son:
- Recoñecer a labor das empresas pioneiras no sector das Ciencias da Vida.
- Valorar e promover o talento dos emprendedores.
Modalidades
Haberá 2 modalidades aos que as empresas poderán optar:
- Premio á empresa biotech máis competitiva para aquelas empresas con unha traxectoria empresarial consolidada nos últimos anos e con logros biotecnolóxicos destacados.
- Premio á mellor idea empresarial biotech para proxectos innovadores ou empresas de recente creación que aposten por revolucionarios produtos ou servizos no campo das ciencias da vida e con visión de futuro.
Presentación de candidaturas
Deberá presentarse o formulario de candidatura que aparecen a continuación dependendo da modalidade de premio a que se opta:
Plantilla-Candidatura-Premio-á-empresa-bio-máis-competitiva-2015
Plantilla-Candidatura-Premio-a-mellor-idea-empresarial-biotech-2015
Unha vez cumprimentado, debe enviarse por correo electrónico á dirección info@bioga.org
O prazo de presentación de candidaturas estará aberto dende o 1 ata o 30 de outubro de 2015 ás 14:00 horas.
Os criterios de valoración para cada premio aparecen reflexados nas bases dos premios.
Xurado
Un xurado, formado pola Xunta directiva de Bioga, unha persoa representante da Universidade de Santiago de Compostela, un representante das Fundacións Biomédicas, un representante da Axencia Galega de Innovación e os gañadores na edición anterior (AMSlab e Qubiotech), será o encargado de elixir as empresas premiadas entre as candidaturas recibidas. A decisión deste será inapelable.
Entrega dos premios
Os premios entregaranse o próximo 11 de novembro de 2015 nas instalacións de AMSlab en Lugo (gañador Empresa máis competitiva da II Edición) nun acto público do sector Bio e das Ciencias da Vida de Galicia.
Farase entrega dun galardón co cal os afortunados gozarán dun recoñecemento de honra, servizo de comunicación e disposición de espacio publicitario en páxina web e newsletters de Bioga gratuitos (permanentemente ao longo de todo 2016).
Para calquera dúbida, estamos a súa disposición en info@bioga.org ou no telef 881 898 647. Agradecemos a súa difusión.
No Comments - be the first.