O Concello de Santiago de Compostela e AJE Santiago organizan o I Premio Emprende Santiago para recompensar o espírito de loita que move aos mozos e mozas a superar todos os obstáculos e a utilizar a súa imaxinación, os seus recursos e a súa enerxía en crear unha empresa da cal toda a sociedade se beneficia. Estes premios queren servir para reclamar en voz alta o apoio de todos ao colectivo de emprendedores e mozos empresarios como protagonistas do presente e futuro de Galicia.
Todos aqueles que queiran presentar as súas candidaturas, teñen o prazo aberto ata o 13 de xuño!
A presentación de Candidatos farase o 18 de xuño ante a prensa, xurado, patrocinadores e empresarios invitados; e a entrega de galardóns o 27 de xuño.
[button text=’Bases do concurso’ url=’http://www.cersiaempresa.org/imxd/procedementos/doc/1368706542Bases_I_Premio_Emprende_Santiago.pdf’ target=’_blank’]
No Comments - be the first.