Non mata as bacterias, pero evita que estas se organicen para iniciar o seu ataque á célula e propagar as enfermidades infecciosas. É a alternativa galega aos antibióticos para o control e o tratamento de patoloxías infecciosas de orixe bacteriana en animais, tanto en acuicultura como en ganadería. E non é un proxecto, senón unha firme realidade que recibiu unha patente internacional que protexe o achado en Europa, Estado Unidos e China. É máis, ten firmes posibilidades de chegar ao mercado. Tres multinacionais negocian a licenza coa Fundación Barrié, o socio inversor dun proxecto incluido no seu Fondo en Ciencia desenvolto polo grupo de Acuicultura e Biotecnoloxía da Universidade de Santiago. O recorrido prometedro, en especial proque en agricultura o uso de antibióticos convencionais está moi limitado e practicamente vetado en acuicultura.
“O acordo de licencia está avanzado con 3 multinacionais, coas que xa intercambiamos os materiais e que suscribiron con nós acordos de confidencialidade”, explica Javier López, director da Fundación Barrié. Ningunha das 3 empresas, unha delas líder mundial na súa área, compite entre sí, polo que incluso se podería negociar a cesión a 3 bandas. “Esto é o bo, porque unhas poden ser proveedoras de outras e sería factible dividir a patente”, sinala López. A familia de enzimas podería incluirse no penso dos animais, alternativa xa probada con éxito, ou na auga que beban.
O producto funciona
O equipo da Fundación Barrié conta cun dos seus colaboradores asiduos, a empresa Isis Innovation da Universidade de Oxford, que buscou potenciais clientes para o produto. De momento, as probas que se realziaron en animais, en peixes e larvas de ostra e ameixa, son máis que satisfactorias. «O produto funciona», explica Ana María Otero Casal, a investigadora principal. A diferencia dos antibióticos, que atacan ás bacterias, o sistema ideado polos científicos galegos consiste en bloquear a relación entre elas, un proceso denominado quórum quenching.
«Las bacterias patóxenas que atacan aos organismos -di Otero- comunícanse entre elas mediante sinais. Desenvolvemos varias enzimas que cortan esa comunicación, eliminan as sinais e as bacterias xa non atacan». Os resultados, xa probados, demostran que o mecanismo funciona. «Os peixes que se alimentaron con penso que incorporaba a enzima curaronse moito máis rápido que os que non a tiñan», corrobora a investigadora.
No Comments - be the first.