Os xenes da constancia e a innovación do grupo vigués Zeltia, inventor de Yondelis -o medicamento extraído de algas que xa factura 100 millóns de euros en Europa-, están latentes en case 200 empresas e microempresas, a maioría moi novas e nacidas baixo paraugas protector das universidades ou as fundacións hospitalarias (spin off) galegas. Con algunhas firmas consolidadas ao frente como AMS Lab (de Lugo), Galchimia (Santiago) CZ Veterinaria, Biofabri, ou a xa multinacional Lonza Biologics (as tres últimas, de O Porriño, nacidas nas instalacións nas que se creou Zeltia), o negocio bio superou os 150 millóns de facturación no 2013, emprega a máis de 6.000 persoas, con máis mulleres que homes en postos directivos; e consolídase como un dos sectores máis activos da economía española.
A patronal das empresas de biotecnoloxía en España, Asebío, sitúa a Galicia, xunto a Cataluña e Andalucía, como as tres comunidades máis activas en creación de empresas. No caso da galega, a media está nunha ducia de altas empresariais ao ano dende o 2011.
«A maioría das empresas do sector biotecnolóxico galego teñen unha idade media das empresas arredor de 7 anos. Trátase dun sector novo experimentando un crecemento forte e especializado dentro dunha industria altamente innovadora», explica Asebío.
Emprego moi cualificado
O maior nicho de empresas agrúpase en torno a Bioga, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia, que medrou no último ano un 40 % no que se refiere a número de incorporacións. Durante o exercicio do 2013 adherironse unha decena de pequenas compañías,ata sumar un total de 42. A súa facturación conxunta ese ejercicio ascendeu a 56 millóns de euros e o 60 % do emprego que xera está cuberto por titulados universitarios e doutores.
¿E qué produce a biotecnoloxía galega? A actividade concéntrase nas áreas da saúde, o sector agroalimentario e o medio ambiente. Nestes tres campos de actividade é posible atopar firmas altamente especializadas. Algunhas moi recentes, como a ourensana Oncostellae, unha empresa farmacéutica que investiga o desenvolvemento de novos fármacos contra o cancro. Ou Biovía Consultor Ambiental, dedicada dende Santiago ao deseño e a comercialización de novas ferramentas para a vixilancia e o control do medio ambiente.
Entre as que levan máis tempo asentadas destaca a compostelana Galchimia, líder en España en servizos de química orgánica sintética orientada á prestación de servizos, que xa factura máis de un millón de euros. Está tamén AMS Lab especializada en métodos analíticos orientados a sectores como o farmacéutico, medioambiental, agroalimentario, textil e o de novos materiais, que acaba de adquirir a firma Xenotechs. Ou Hifas da Terra, en Pontevedra, que en pouco máis dunha década logrou xuntar innovación, ecoloxía e rentabilidade a partir da micoloxía.
Son só algúns exemplos da puxanza en Galicia deste emerxente sector, e que explica que sexa Santiago do lugar elixido para a celebración, o próximo setembro, Biospain, o maior encontro biotecnolóxico do sur de Europa.
O sector xera 6.000 empleos, con máis mulleres que homes en cargos directivos.
No Comments - be the first.