Bioga participa na elaboración da RIS 3 Galicia-Norte de Portugal. O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou que Galicia e o Norte de Portugal elaborarán a primeira Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3 conxunta da Unión Europea, o que suporá unha dobre oportunidade: o desenvolvemento de proxectos concretos para os sectores produtivos, e a capacidade de acceder a fondos comunitarios do programa Horizonte 2020.
Neste sentido, Conde, que inaugurou en Baiona o I Foro Anual RIS3 Galicia–Norte de Portugal no que se iniciou o traballo para elaborar o documento, destacou as oportunidades e sinerxías que ofrece a colaboración transfronteiriza para optar aos 10.000 millóns de euros que reserva Europa, no marco do programa Horizonte 2020, para as rexións que cooperen.
No Comments - be the first.