A Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Fundación Barrié celebran hoxe o Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia, un evento de carácter mixto presencial-virtual, con retransmisión en streaming.

Título: Foro Ignicia: a transferencia de coñecemento en Galicia
Lugar: Fundación Barrié. Rúa Cantón Grande, 9. A Coruña
Data: 16/07/2021
Hora: 12.00 h – 13.20 h

A Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Fundación Barrié celebran o vindeiro 16 de xullo o Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia, un evento de carácter mixto presencial-virtual, con retransmisión en streaming.

O obxectivo deste foro é compartir coñecemento sobre a situación da transferencia de resultados de investigación en Galicia en relación co contexto español e europeo, así como abrir un marco de reflexión e de actuación de cara ao futuro.

Durante o encontro serán presentados dous estudos promovidos por Gain e a Fundación Barrié:

  • A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018.
  • Análise organizativo e funcional das unidades de transferencia do Sistema Galego de I+D.

As claves do escenario retratado mediante estes dous informes serán o marco para a reflexión e a presentación de conclusións a cargo de Fernando Galindo-Rueda, economista sénior da Dirección de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), e Rogelio Conde-Pumpido, coordinador do estudo A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018.

A continuación, a directora de Gain, Patricia Argerey, presentará as claves do Programa Ignicia-Transferencia de Coñecemento, unha visión xeral que se completará coa experiencia dos promotores de dúas spin-off apoiadas polo fondo de proba de concepto asociado ao programa – ALiCE Biometrics e Celtarys – e coa análise sobre a interacción empresa-universidade ante os novos retos socioeconómicos a cargo de Antonio Abril, presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Finalmente, Fernando Conesa, xefe do Servizo de Promoción e Apoio á Investigación, Innovación e Transferencia na Universidad Politécnica de Valencia, expoñerá a súa visión sobre o desenvolvemento profesional de xestores/as e investigadores/as.

O foro estará presidido polo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e polo presidente da Fundación Barrié, José María Arias.

Noticia Original