A duración das becas será de 16 meses para profesionais que xa estean en activo.
Os investigadores e técnicos que estean activos en organismos públicos de Galicia poderán solicitar unha das estancias de 16 meses de duración para facer labores de investigación ata o 22 de marzo.
O importe da beca comprenderá: unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, cunha asignación de 400 euros para estancias en España, Portugal e Andorra, 600 euros para estancias no resto de Europa e de 1.000 euros. Para estancias no resto do mundo, unha asignación mensual bruta de 1.400 euros, se a incorporación se produce en España, Portugal ou Andorra, 1.700 euros, se a incorporación se produce no resto de países de Europa, África ou América (excluido Estados Unidos e Canadá), 2.000 euros, se a incorporación se produce en Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
No Comments - be the first.