O Programa de Creación de Empresas Uniemprende, en colaboración co IGAPE, pon en marcha a II Edición do “Seminario de Planificación Empresarial, Construcción e Evaluación de Modelos de Negocio”, durante o próximo mes de abril.
Trátase dunha acción formativa presencial completamente gratuita, de 15 horas de formación práctica complementadas con 2 tutorías individuais por proxecto, coa que pretendemos apoiar a todas aquelas persoas que teñen unha idea de negocio en mente, pero que non saben cómo levalas á práctica.
Ao igual que a primeira edición deste curso, e sendo fieis ao compromiso coas políticas de igualdade que ten Uniemprende, o programa da acción formativa conta con un módulo sobre o “Emprendemento integral responsable”, co que queremos transmitir a importancia de aplicar a perspectiva de xénero no proxecto empresarial dende o primeiro momento.
O número de prazas é limitado, polo que se realizará unha selección previa de entre todas as inscricións recibidas, na que se terá en conta entre outros requisitos a presenza de mulleres como promotoras partícipes dos proxectos empresariais a desenvolver.
No Comments - be the first.