A Deputación de Pontevedra, a Consellería do Mar e as cofradías do fondo da ría de Pontevedra (Lourizán, Pontevedra e Raxó) pactaron hoxe a realización dun estudo para aproveitar as algas que o mar arrastra ata as praias e convertelas en compost nunha planta autorizada. A institución provincial ocuparase de prestar asesoramento técnico e en estreita colaboración coa Xunta valorarase a viabilidade desta iniciativa. Neste programa tamén colaboran os concellos de Poio e de Pontevedra e a empresa Ecocelta, a única planta autorizada na provincia para o tratamento deste tipo de produtos e que está situada en Ponteareas.
Nunha reunión celebrada onte, luns 8, no pazo provincial, todas as partes implicadas acordaron a creación dun grupo de traballo para desenvolver a proposta, que permitirá a fabricación de compost de clase A. O proxecto consiste na retirada, transporte e tratamento das algas dos bancos marisqueiros. Ademais das cofradías, a acumulación de algas arrastradas polas olas ata as praias supoñen un problema para os bañistas e os concellos que teñen dificultades á de retiralas ou saber que facer con elas. Con este programa aspírase a poñer fin a esta situación e regular dunha forma proveitosa a limpeza dos areais e dos bancos marisqueiros, sobre todo no verán, que é a época cando sucede este fenómeno.
A etapa inicial deste estudo comezará en breve e en canto estean listas as conclusións principais volveranse a reunir todas as partes interesadas.
[button text=’Ver noticia orixinal’ url=’http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/04/08/diputacion-colaborara-conversion-algas-playas-compost/00031365442583463705537.htm’]
No Comments - be the first.