O Igape e a EOI (Escola de Organización Industrial) organizan un curso de creación de empresas de 112 horas en Santiago de Compostela que combina formación presencial, formación on-line e asesoramento. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Xa te podes inscribir!
Con esta acción formativa preténdese estimular a creación de novas empresas, o afianzamento daquelas de recente creación que necesiten reformular a súa xestión, mediante a formación empresarial. Formar a emprendedores/ás en ferramentas e técnicas de creación e xestión de empresas para que desenvolvan e convertan o seu proxecto nunha empresa real.
Na parte lectiva impartiranse entre outras as materias relacionadas coa intelixencia estratéxica, Mercadotecnia, finanzas, Manexo da aula virtual, Taller de Creatividade, Entorno Fiscal e Mercantil, Tecnoloxías da Información e Comunicación, Busca de Información, Axudas locais, Internacionalización, Técnicas de Comunicación e Presentación de Proxectos.
Nas titorías, persoais e individualizadas, farase un seguimento dos proxectos de cada participante. O proxecto será a confección dun Plan Estratéxico de empresa.
O curso é de balde e a inscrición está aberta ata o 8 de novembro. A EOI expedirá un diploma que acredite a participación dos alumnos.
No Comments - be the first.