
O Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida BIOGA, convoca os VI PREMIOS BIOGA, organizados pola propia Bioga e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), incentivando a posta en marcha de iniciativas empresariais dos mozos/as galegos/as e o recoñecemento de empresas competitivas do tecido empresarial galego no eido biotecnolóxico e das ciencias da vida.
Os premios son convocados a partir do 2 de outubro, na páxina oficial de Bioga e redes sociais de Bioga, así como a través de email cos contactos da base de datos do Cluster, onde se detallarán os requisitos para optar a dita candidatura. Destacar que poderá participar calquera empresa que teña o seu domicilio social en Galicia e que a súa actividade produtiva estea relacionada coa biotecnoloxía ou ciencias da vida.
O obxectivo dos premios son recoñecer a labor das empresas pioneiras no sector das ciencias da vida e valorar e promover o talento dos emprendedores.
Haberá 2 modalidades para optar ó premio:
- Premio á empresa biotech máis competitiva para aquelas empresas cunha traxectoria empresarial consolidada nos últimos anos e con logros biotecnolóxicos destacados.
- Premio á mellor idea empresarial biotech para proxectos innovadores ou empresas de recente creación que aposten por revolucionarios produtos ou servizos no campo das ciencias da vida e con visión de futuro.
Este ano as candidaturas deberán presentarse a través dos seguintes formularios:
- Formulario candidatura á empresa biotech máis competitiva 2018
- Formulario candidatura á mellor idea empresarial biotech 2018
O xurado estará formado por pola Xunta directiva de Bioga, unha persoa representante da Universidade de Santiago de Compostela, un representante das Fundacións Biomédicas, un representante da Axencia Galega de Innovación e os gañadores na edición anterior (Health in Code e Eicpar), será o encargado de elixir as empresas premiadas entre as candidaturas recibidas. A decisión deste será inapelable.
A entrega dos premios se levará a cabo na cidade de A Coruña nun acto público do sector Bio e das Ciencias da Vida de Galicia. Farase entrega dun galardón co cal os afortunados gozarán dun recoñecemento de honra, servizo de comunicación e disposición de espacio publicitario en páxina web (permanentemente ao longo de todo 2019) e newsletters de Bioga gratuitos.
Consulta as bases completas da convocatoria