Nuno Gomes, CEO e administrador executivo de Bicminho, un ente con sede en Braga, participou hai uns días en Santiago nun encontro sobre novas vías de colaboración ‘biotech‘ (biotecnoloxía) entre Galicia e norte de Portugal. Confía en que o clúster transfronteirizo do sector sexa unha realidade en catro ou cinco anos. O acto estaba organizado por Bioga, Clúster Tecnológico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia.
A Rede Europea de Innovación e Negocios (EBN) faise eco do noso Bioalmorzo entre Galicia e Norte de Portugal.
Posted by BIOGA in noticias · No Comments
“Agardamos que o Clúster Transfronteirizo para a biotecnoloxía sexa unha realidade dentro de catro ou cinco anos, declarou Nuno Gomes, o Director Executivo de BIC do MINHO, durante o Bioalmorzo « Novas estratexias de cooperación biotecnolóxica Galicia-Portugal”. Segundo él, isto dependerá dos esforzos realizados polas organizacións e empresas implicadas.
A sesión tivo lugar o pasado Venres 20 de Xuño en Santiago de Compostela, e foi organizada por Bioga – O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia.
Chega o III BioSpeed Dating de Bioga, a actividade estrela de networking que conecta a tódolos axentes do sector biotech en Galicia.
Posted by BIOGA in noticias, Uncategorized · No Comments
¡EXPRIME A BIOTECNOLOXÍA E ENCONTRA A TÚA MEDIA LARANXA!
Chega o III BioSpeed Dating de Bioga, a actividade estrela de networking que conecta a tódolos axentes do sector biotech en Galicia.
Bioga organiza o III BioSpeed Dating en Santiago de Compostela o próximo 22 de Xulio, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, o CIMUS e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Continue Reading
QubioTech recibe o Premio Empresa Xove no XV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC
Posted by BIOGA in noticias · No Comments
A compañía, con seis meses de vida, xa comercializa IQ-Brain, un software que axuda a diagnosticar enfermidades neurolóxicas como Parkinson ou demencias
O Concurso da USC foi o xerme de firmas consolidadas como Nanogap, Galician Marine, Galchimia, AMSlab, Nanoinmunotech, Neoker, Geneaqua ou Deroceras
O xurado do XV Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores do Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela-Uniemprende, decidiu outorgar o Premio Empresa Xove a QubioTech, Health Intelligence.
O capital humano da compañía lucense é o que transoformou en innovadora e competitiva. Fai sete anos que iniciou a súa actividade e dende entón non parou o seu recoñecido traballo en biotecnoloxía.
AMSlab é un laboratorio especializado na realización de ensaios químicos e físicos, unha empresa referente en Galicia, que se centrou no desenvolvemento de numerosas liñas de investigación innovadoras dende a perspectiva da empresa privada. A outros recoñecemento previos, a firma lucense acaba de incorporar o Premio Peme Novo Galicia que outorga o Banco Pastor (entidade integrada no Banco Popular) e La Voz de Galicia, galardón referente que recoñece a traxectoria do tecido empresarial da comunidade.
O IBIV organiza o CURSO INTENSIVO: PROTECCIÓN DA PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Posted by BIOGA in noticias · No Comments
O Instituto de Investigación Biomédica de Ourense, Pontevedra e Vigo, no marco do proxecto BIOCAPS, dentro do programa de Formación en Innovación Biomédica, organiza o CURSO INTENSIVO EN PROTECCIÓN DA PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL. Este curso terá lugar os próximos 10, 11 e 12 de Xuño de 2015 na Sede Afundación de Vigo. Continue Reading
Bioga e Bicminho fixan para os próximos anos a posta en marcha do Clúster Transfronteirizo de Biotecnoloxía na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Posted by BIOGA in noticias · No Comments
“Esperamos que o Clúster Transfronteirizo de Biotecnoloxía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal sexa unha realidade nun prazo de catro a cinco anos”. Así o explicou Nuno Gomes, CEO de Bicminho, que participou en Santiago nun encontro sobre Novas vías Estratéxicas de colaboración Biotech Galicia-Norte de Portugal, no marco dos Bioalmorzos que impulsa Bioga, Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia. ” Todo dependerá do noso traballo e esforzo nos próximos anos”, engadiu o máximo executivo de Bicminho, un ente con sede en Braga que apoia a creación de empresas innovadoras. Continue Reading
Reclaman unha planficación a longo prazo para desenvolver o seu potencial en Galicia e máis solo industrial no que as empresas poidan desenvolver as súas actividades de I+D+i
Talleres Innterconecta: Agroalimentación, Biotecnoloxía e Tecnoloxías da saúde
Posted by BIOGA in noticias · No Comments
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) acollerá o Obradoiro de revisión de propostas ao programa FEDER- Innterconecta 2015, a convocatoria de CDTI destinada a fomentar a cooperación interrexional en investigación e desenvolvemento.